PROGRAMA DE INFORMACIÓN: As asociacións de persoas con discapacidade física que se coordinan con C.A.MI.GA. entenden a absoluta necesidade de obter datos destas persoas, facer asociados/as, dar información ás empresas para obter postos de traballo e finalmente establecer un proceso de información aos/ás seus/súas representados/as segundo as necesidades ou inquietudes expresadas polos/as mesmos/as, coordinando na actualidade 21 asociacións de toda Galicia. Esta actividade lévase a cabo durante todo o ano.
PROGRAMA DISCAPACITADOS FÍSICOS DA CORUÑA – PRADISFICO 2006: A súa finalidade é atender consultas de asociacións e cidadáns/ás en relación a temas referentes ás persoas con discapacidade física e accesibilidade / barreiras arquitectónicas. Este programa desenvólvese durante todo o ano.
PROXECTO ANTA: Transporte adaptado para persoas dependentes, para traslados á rehabilitación e a outros servizos demandados polas/os usuarias/os, nos concellos de: Ames, Oleiros, Laracha, Narón, Cangas e Bueu.
XORNADA INFORMATIVA DA LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E ATENCIÓN A PERSOAS CON DEPENDENCIA: A celebrar en A Coruña no mes de Decembro do 2.006.
XORNADA INFORMATIVA DE INNOVACIÓNS TÉCNICAS E ACCESIBILIDADE. Que se levará a cabo en Arzúa no mes de Novembro.
CONFERENCIA sobre A PARTICIPACIÓN SOCIOPOLÍTICA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE. Conferencia prevista para o ano 2.006.
SERVIZO DE TRANSPORTE ADAPTADO PARA ASOCIADOS/AS.
SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO, en colaboración coa Federación Coamificoa, que se ven levando a cabo dende o ano 2.004, co fin de proporcionar un soporte persoal dirixido ás persoas que teñen limitacións para desenvolver as actividades da vida diaria e que carecen de familiares que poidan axudarlles, evitando así que teñan que abandonar o seu entorno social.