Galego - Espańol

Presentación

A COORDINADORA DE ASOCIACIÓNS DE MINUSVÁLIDOS DE GALICIA (C.A.MI.GA.) constituíuse o 10 de xuño do ano 1999, sendo a súa finalidade aglutinar o maior número de asociacións de minusválidos/as físicos/as de cada provincia de Galicia para a defensa dos intereses das persoas con discapacidades físicas, así como para axudarlles a documentarse, facilitarlles información, prestarlles servizos, contribuír a súa formación ocupacional, cultural, actividades, fomento do emprego, constitución de centros especiais de emprego e ofrecer outros medios que se determinen no seu momento, así como contribuír á propia recuperación e rehabilitación e outras medidas de atención ás necesidades da persoa con discapacidade física, calquera que sexa o tip o e o grao da súa minusvalía física. Todo iso na medida do posible segundo os recursos dispoñibles ou previstos, e tendo en conta que é imprescindible a axuda e colaboración dos organismos oficiais, e con maior relevancia, a Xunta de Galicia e as Deputacións Provinciais.

A COORDINADORA DE ASOCIACIÓNS DE MINUSVÁLIDOS DE GALICIA (C.A.MI.GA.), determina que outras asociacións, federacións, confederacións, etc., non responden ás inquietudes dos que constitúen C.A.MI.GA., en canto non se xera nin se apoia ás asociacións de minusválidos/as nas súas iniciativas en beneficio do colectivo de persoas con minusvalías, buscando unha axeitada e pronta insercción socio-laboral das persoas con discapacidade, e todo o que concerne a estas. É por iso que o obxectivo fundamental desta Coordinadora é conseguir unha potenciación asociativa para lograr solucións concretas, informar a asociados/as e mentalizar a políticos/as e cidadáns/ás.
Como entidade coordinadora, C.A.MI.GA conta na actualidade con 21 entidades asociadas,e estas ao seu tempo cos seus respectivos socios e socias, que son as seguintes:

 


Coordinadora de Asociacións de Minusválidos de Galicia (CAMIGA)
Rafael Alberti, 10 baixo | 15008 A Coruńa | Tlf.: 981 227 301 Fax.: 981 257 896
camiga@mundo-r.com | Contacto | Mapa web